Chega setembro. Seguimos no verán pero este xa rematou. Volve o traballo, o que nos fai libres, útiles e nos esgota, por moito que nos guste. Semella que chega tamén a normalidade e todo o que iso implica; todo o que xa esqueciamos. O verán este ano foi benévolo. Foi, en pasado. Rematou e asemade non rematou. Faltan uns días e xa hai citas médicas de novo. Unha hoxe por vía de urxencia, resolta cuns antibióticos, púxome en alerta. Outra o xoves que me mete máis medo. Polo de pronto chegaron os vómitos, a febre, as dores... as preocupacións. A rutina que nos envolve como unha manta nos días de máis calor.
Sei que o inverno será difícil.
Xa o outono traerá ventos e friaxes, quizais vendavais e tronos.
Seica chegará. Todo chegará.
Ningún comentario:
Publicar un comentario