Uns minutos de paz sorprendeunos no medio de Vilagarcía. Foi un intre de maxia o que nos detivo naquela praza. Un cantante de rúa puxo a música -fermosa, lenta e delicada-; as luces colgadas dos balcóns dun edificio, cal fervenza dourada, engaiolou a nosa ollada. Dous paxariños descenderon con parsimonia e remontaron o voo ao meu lado, a cámara lenta, e levaron con eles as caricias.
O vento invernal detívose nese intre para contemplar a escena: a xente camiñaba relaxada; un papel que se escapa voa ata os pés dun neno, baixa da bicicleta, cólleo e devólvenolo cun riso na cara. Mercamos castañas ao ritmo da música. Non hai voces torpes, nin ruídos, nin berros, nin pitos, nin carreiras, présas ou empurróns.
- Foi máxico -borboriñei baixiño.
- Foino -corrobourou Manu.
Comuñón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario