Hai no medio do mar salgado e calmo unha illa inhóspita. Pasaba tempo nela vivindo como unha muller primitiva. Botáronme de alí, seica xa non teño dereito a pisala por non sei que de papeis, dereitos... Non me preocupei demasiado, de feito case o agradecín. Era demasiado esixente, aínda que tiña unha auga pura e uns froitos doces que saboreo se pecho os ollos.
Estes días o sabor faise máis intenso e añoro o seu frescor. E penso en coller unha barca ou botarme ás ondas e nadar ou bogar, nadar ou bogar, e pasar alí uns días, agochada no meu tobo.
O mar botouse a min e levoume alá. Entón chegaron os cortes nos pés polas rochas; os mosquitos famentos; a chuvia intensa...
Quero escapar e non teño como. Semello a moza de Mendinho rodeada de auga e soa ante a ermida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario