Un disco de ouro percorre o universo. Leva a nosa esencia gravada nel. Atravesa sistemas solares, bordea planetas e lúas, esquiva asteroides... nada o detén. Viaxa en soidade.
É unha estela da nosa existencia avanzando polo infinito. Podemos autodestruirnos. Pode un asteroide desfacernos en mil anacos. Non só deixamos lixo esparexido orbitando arredor do planeta azul. Tamén hai un obxecto precioso que nos sobrevivirá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario