Aquí estou, envolta na vida.
Ollando os restos do antonte apegarse a min.
Non esquezo a derrota. Nin dubido da vitoria.
Carrexo as miñas sombras cada vez máis diluídas.
E vou indo.
Non sempre florecen os narcisos, nin as hedras manteñen as follas.
Abofé que non.
Pero ata unha pedra contén un misterio.
E aí ando.
Ollando pedras.
Esfiañando néboas.
Abrindo os ollos calados mentres as neuronas acalman.
Ningún comentario:
Publicar un comentario