E non ía chegar a primavera! O planeta é redondo (xeoide, xa sei) e xira e dá voltas, eis o seu destino. E o que está dentro segue a mesma rutina, xiramos, batemos, erguemos, xiramos e batemos... E tamén o seu ciclo interno: medra a vida, morre, seméntase e volve a empezar. Todo é un círculo, un camiño e eu espero, con paciencia, a primavera.
É cando se inicia a renovación do mundo e a miña. Completouse a volta e cómpre empezar. Os cambios dan medo pero son oportunidades.
Pois iso, chegou puntual sementando po amarelo na paisaxe, abrollando en cores nas pólas novas, voando como bolboretas lixeiras e despistadas.
Chegou otra vez.




Ningún comentario:
Publicar un comentario