domingo, 9 de novembro de 2025

Quen non cometeu un asasinato?


Son unha asasina. Coma o resto da xente. Estou escalando no tipo de vítima: pulgóns,  mosquitos, tabáns, caracois... nunca matei máis aló do tamaño do meu dedo polgar.

Non falemos xa de bacterias. Son máis doadas de exterminar porque non as vemos; son unha invasión inimiga da que debemos defendernos. Nin da flora, tanto sexan leitugas como "malas herbas". Se estas puidesen berrar ou escapar...

Hai un recuncho escuro na mente. Está aflorando á vez que a miña independencia medra. Non quero cancelas pechadas no meu camiño. E estou disposta a todo. Son racional, procuro solucións lóxicas, sen medos. 

Puta conciencia.

Que a lei afaste de min unha arma que mate desde a distancia. Nin me dea un botón que premer.

As cagadas dos gatos no xardín e a incursión dos cans de caza pola eira poñen a proba a miña moralidade. Neste último caso, non me atrevo a decidir se polos cans ou os donos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario