Hoxe estou farta. Todo o día pechada na casa pode ser gozoso se temos a liberdade de elixilo.
Pero non a teño, así que non podo meterme na cama e oír chover. Nin tirarme nun recuncho a ler despreocupadamante, ou engarcharme nunha película eterna. Hoxe non pode ser.
Estou farta de bocas que non se abren.
De corpos que se negan a alimentarse.
Estou farta de "Deus se acorde de min".
De manter a culler en alto á espera.
De mutismos eternos.
De dores e laios.
Hoxe estou farta de min.
E ando ríspeta co mundo,
berrando en silencio e desgairada.
E non é o vendaval, non.
Tampouco é desamor.
Son pingas lenes que caen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario