luns, 13 de novembro de 2023

Hoxe quixera ser poeta


Hoxe quixera escribir un poema de amor.

Pero non son poeta.

Xorden os típicos tópicos.

E eu só quero dicir que amo, quero e desexo.

E seino porque non me estorba o espazo achicado

Porque hai bicos que non quedan nos beizos nin na lingua

móvense dentro de min como pequenos vermes eléctricos

Seino porque cando pecho os ollos, nos momentos máis duros, na procura da luz

aparece a man do pintor termando da paleta das cores cálidas.


E porque espelicou o mundo para min, como unha laranxa, 

e vin os bichaus e as pebidas.

E bebo o seu zume.


E porque o busco, 

rozándoo apenas coas xemas dos dedos,

para alentar un pouco máis.




Ningún comentario:

Publicar un comentario