Mañá de Nadal. Todos teñen covid. Menos eu. Póñome en modo enfermeira e coidadora e éntrame unha suor polo espiñazo. Os traballos multiplícanse.
Pero descubro a soidade, a quietude, a ausencia, o silencio... e gústame. Atópome ben con esa calma. Todos descansan os seus corpos doridos, cos cerebros conectados ao piloto automático.
Paseo de cuarto en cuarto repartindo paracetamol. Dormen. Monean. Non me precisan.
Silencio. Faíscas que bailan coas raiolas do sol e quecen o salón. Sabas ao vento.
A casa é miña. O tempo perténceme por momentos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario