xoves, 5 de decembro de 2024

Unha árbore de monte




Subiron á árbore de Nadal os esquíos, os mouchos, os raposos e paxaros variopintos. Están tan ben entre as pólas e as piñas que aniñaron no salón. O ourizo, vendo tanto movemento, instalouse ao seu pé, ata que logrou gabear polo tronco; xa está acubillado entre a ramada. Ata un oso polar se achegou a estes lares. Se non me equivoco escoito uns cervos polos arredores.

Gústame esta árbore. Reproducións sintéticas de vexetais e animais que me rodean e que amo. É outra relixiosidade; é outra crenza.

Gústanme estas datas, aínda coa pel débil e os pés fríos. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario