A gabita eurasiática (Haematopus ostralegus) tamén foi avistada en Corrubedo, na pradia da Ladeira, o sábado 7 de marzo, durante a soleada tarde; neste caso foi a primeira ave que vimos nada máis chegar, ás 4 menos cuarto. Estaba lonxe, nunha especie de illote rochoso que queda illado cando sobe a marea. Convivía alí con varias especies máis: píllaras, pilros, mazaricos,... En castelán chámase ostrero eurasiático.
Ningún comentario:
Publicar un comentario