Avistamos este liñaceiro común (Carduelis cannabina) o sábado 28 de marzo en Bamio, xusto enriba do paso do tren, fronte ao camping, sobre as 4'30 da tarde. Fomos ata a praia por se aparecían os cullereiros ou os culleretes, pero ningún deles se achegou por alí, cando menos a aquelas horas. Xa marchando vimos a parella de liñaceiros nos cables. Así que cazados!!!! É castelán é o pardillo común.
Ningún comentario:
Publicar un comentario