domingo, 22 de marzo de 2015

62. Miñato real


Vimos o miñato real hoxe, domingo 22 de marzo, ás 5 e media da tarde na zona de Valga, preto do río, no mesmo sitio onde avistamos a semana pasada a aguia peixeira. De feito achegámonos para ver a aguia, que tamén vimos, pero atopamos ata catro miñatos reais voando xuntos. O nome científico é Milvus milvus.


Nesta imaxe véselle a parte superior. Xirouse de tal xeito que nos deu as costas. A súa cor avermellada e o rabo gallado fano inconfundible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario