martes, 17 de marzo de 2015

61. Aguia peixeira


Foi outra das sorpresas do domingo 15 de marzo. De volta á casa decidimos achegarnos o máximo posible ao Ulla na zona de Valga, e o que pensamos que era un miñato común acabou sendo unha aguia peixeira. Cos prismáticos vimos ben clara a súa cor branca na parte inferior do corpo e en parte das ás. Tamén unha sombra debaixo da cabeza e a risca negra que vai dos ollos á caluga.
Sobrevoaba a zona dos xuncos e pousou nun eucalipto ao pé do río. Logo liscou por riba do Ulla e xa non a volvemos ver.
O nome científico é Pandion haliaetus e en castelán é a aguia pescadora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario