martes, 17 de marzo de 2015

58. Mazarico rabinegro


Avistamos este mazarico rabinegro o sábado 14 de marzo nas marxes do río Ulla á altura de Bamio sobre as 4 da tarde. Estaba a marea baixísima e na imaxe véselle medio enterrado na lama; de feito as patas son moito máis longas como se pode apreciar na seguinte foto:


Nun determinado momento, espantado por unhas gaivotas, botou a voar, posibilitando así unha mellor identificación pois véselle ben o rabo negro separado do resto do corpo por unha banda branca, e por suposto as bandas tamén brancas das ás.

O nome científico é Limosa limosa e en castelán é a aguja colinegra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario