martes, 10 de marzo de 2015

56. Carrizo común


Vimos este carrizo común o domingo 8 de marzo, pola tardiña sobre as cinco, no parque de Carreirón na Illa de Arousa. Mentres esperabamos a saída do mergullón pequeno e da galiñola, achegouse o carrizo facernos unha visita; pousou na ponliña e cando, xa tiraramos varias fotos, liscou. O seu nome científico non vai acorde co seu aspecto: Troglodytes troglodytes. En castelán é o chochín.

Ningún comentario:

Publicar un comentario