Vén reptando, de a pouco. Búscoo coa mirada pero é imposible atopalo. Cando se procura, fica inmóbil e convértese nun espazo oco de néboa que se evapora ao instante. Se lograse velo podería loitar contra el. Sei que está aquí e avanza amodo, apenas uns milímetros cada día. Pero é voraz. Percibo, na escuridade da noite, a través da pel o seu alento de fume que se dilúe silenciosamente no aire despois de poñerme os pelos de punta.
Apoderouse de papá e faise real a través del. Tamén de mamá.
Comunícase comigo a través deles.
Pronto se fará cos demais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario