sábado, 7 de outubro de 2023

Uns minutos

Escribo desde a solaina. Son as 7 da tarde e o día está manso. Pasaron as duchas, afeitado, peiteado, corte de unllas e agora refresco o corpo neste espazo de meu, cos gatiños xogando cunha piña. En dez minutos cómpre estender a roupa e en cincuenta asistir a unha clase de pilates. Entrementres debo alimentar a fauna allea que suplica comida. E así entre rego e rego, descanso.

Precisaba destes minutos de contemplación.



Ningún comentario:

Publicar un comentario