martes, 3 de outubro de 2023

Propósitos

Propósitos do novo curso, que se avaliarán cunha rúbrica:

  1. Adaptarme á LOMLOE sen tolear (como non, outra nova lei cando xa a anterior empezaba a estar dominada).
  2. Esixir respecto por min e pola materia (non razoar con alumnado nin pais que non saben sobre cuestións da materia).
  3. Non redondear as notas (o 4,99 será o 4. Xúroo cos dedos sen cruzar).
  4. Mandar abalares cando non traballen ou interrompan a clase. E poñer partes sen dor!!!
  5. Organizar o traballo semanalmente. Paso a paso detallarei o que se traballará cada día e terei dispostas as copias precisas, as actividades, vídeos, enlaces... sen que me suba a tensión.
  6. Corrixir axiña. Non deixar para mañá o que poida facer esta noite en vez de durmir.
  7. Enviar todas as xustificacións económicas e memorias no prazo esixido e sen erros. Coidado, non mandar a miña memoria, que xa me queda pouca!
  8. Cubrir as actas dunha reunión inexistente (farémola cando nos crucemos polos corredores) de forma estritamente puntual. 
  9. Solicitar todas as actividades, plans e proxectos pertinentes sempre e cando atope quen se faga cargo deles. De verdade, estou disposta a sacrificar o club de lectura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario