Unha árbore caduca abanéase para que as follas secas se desprendan. As que quedan, de mil cores cálidas que van do granate ao laranxa, tapan as esqueléticas ponlas que forman o seu corpo.
Renovarase, novas follas tenras verdeauga nacerán. Unha eternidade efémera, que renace cada primavera ata que chegue a morte do tronco.
En nós non nacen follas novas; caen as vellas e nada as substitúe, a non ser outras que nacen xa vellas. Daquela, como a natureza non nos renova, témolo que facer nós. E dámoslle cor ao pelo, brillo ás unllas, espesura ás pestanas...
A decandencia é fermosa, ningún cadro puntillista supera a sabedoría, a templanza e as ganas coas que nos agasalla o tempo que revoa ao noso arredor. Imos admitindo o corpo, sempre visto desde a subxectividade, como o envase perfecto, un frasco de esencia concentrada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario