Vertixe. Pecho os ollos e procuro entender. Viaxo cara a atrás no tempo. O caos. Asteroides chocando entre si, con planetas, engulidos por estrelas. Po, gases, metais vagando ás toas.
Móvense os ollos axitadamente baixo as pálpebras, como un cometa que surca a eternidade furibunda. Desorientación.
A escuridade máis negra racha cunha explosión de luz súbita que cega ata a forza creadora. Ese resplandor anega asemade o meu cerebro. Mareo.
Contención. Dispóñome a seguir a viaxe e aparezo, cando recupero a visión, no inicio dispar. Outro mundo no que todo choca, rebota e explota. Outra luz e así ata que a vertixe tira comigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario