Quero ir xunta ela, agarrarlle a man, falarlle con calidez e levala a onde quere. Non o fago. Eu tamén usei ese ton. Eu tamén pasei esa etapa de cansazo e incomprensión. Paseina, e despois chegou a mellor, a do amor incondicional, a do entendemento, a de "todo está ben".
E agora non soporto esa fase. Non podo escoitar un mal ton, nin ver unha cara de desprezo, nin parar as ganas de acariñar as engurras da súas mans. Amo a senectude. A vida vivida, abrándame. Ámoa máis cá infancia máis tenra. Aos nenos a ás nenas cómpre berrarlles para marcarlles a ferro no cerebro o que si e o que non. A unha persoa maior xa non. Son tercos, si, teimudas, mesmo retorcidos ou violentas. Pero xa non se poden educar á ferro. É máis eficaz o bico.
Non esquezamos, como dixo o poeta, que a vida é un río. Empeza bravo pero amansa na desembocadura.
Así que o paseo converteuse nun mal humor e nun repetir constante Non o soporto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario