Esta foi a imaxe da tarde. Nubes grosas, algo escuras pola auga vital que carrexan. Detrás a luz do sol que se filtra cálido. É unha boa metáfora da miña realidade deste serán.
Estamos pechando portas de dobre folla, con trancas de ferro forxado. Miramos atrás e vemos -tocamos- madeira nobre. Revólvense os sentimentos. Ausencia, dor, gratitude, cariño, necesidade... todo á vez no mesmo punto en catro individuos diferentes. Catro nubes cargadas de auga acariñadas polo sol eterno, que as observa desde a inmensidade do infinito.
Unha ladaíña de territorios propios e alleos á vez, catro sinaturas e outra porta que se bate.
Añoranza. Só iso. Da caricia do sol.
Ningún comentario:
Publicar un comentario