sábado, 20 de abril de 2024

Primavera do 24

Entrou atolada a primavera, vestida de luz e cor, cálida e húmida. A paisaxe convértese en arte pura.

Non é de estrañar que haxa quen se namore dela e a siga, coma unha santa compaña, cega ata a eternidade. Así lles pasou a papá e a M. C. Ben apreciaron a ledicia de marzo e abril e alá marcharon canda ela. Mamá está intentando agarrarse a unha póla florida da maceira para seguir o camiño engalanado de flores e bolboretas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario