domingo, 14 de abril de 2024

Un oasis


Preciso recomendar un libro, unha novela gráfica, un cómic, chamádeo como queirades. El oasis de Simon Hureau, publicado pola editorial Errata naturae. Cativáronme as ilustracións e o texto. A historia en si, que todas e todos podemos realizar, atrapoume. Amosoume o mundo polo que paseo cada día e ao que non sempre lle presto a atención que require.

Que doada é a vida e que complicada a facemos. Un fragmento que me namorou:


Deixemos que a natureza actúe e non pretendamos cambiala. A ninguén nos gusta vernos presionados para ser quen non somos.

Por certo, Manu atopoume no libro e eu recoñecinme. Aquí estou:



Ningún comentario:

Publicar un comentario