martes, 20 de febreiro de 2024


Con botas de goma, luvas e mandil fixen as horas necesarias do curso de labrega para manter tal título. Sementamos chícharos na terra estercada e plantamos leitugas no invernadoiro. Tamén arrinquei malas herbas, entre elas as maravallas que prenderon entre as pedras da parede.

Pronto terei o exame; e creo que a pregunta será quen roe as folliñas tenras das leituguiñas? Xa sei a resposta: os caracois; o problemas é xustificar esa resposta. Non os vexo; espero sentada preto do invernadoiro durante horas e non hai rastro deles. Sei que non son o que pensamos; non son lentos e torpes. Non. Son áxiles, rápidos, saben agocharse e acaban fulminando a miña colleita. Cinza. É a solución. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario