domingo, 4 de febreiro de 2024

Hoxe voan bandeiras


Voan bandeiras, como paxaros, en Compostela. De todas as cores: brancas e azuis, vermellas, co arco da vella, palestinas, republicanas... Voan polo Obradoiro movidas polo vento da indignación.

Tamén hai parcartas dunha Galicia deslocalizada. Alí, na praza do mundo, estaban centos de concellos esixindo o mesmo cun único berro: saúde para a nosa sanidade. 

Un sitio exacto para pedila, ao pé do Hostal dos Reis Católicos, que naceu como hospital de peregrinos, atendendo de forma gratuíta a todos que o precisaban, a quen viña doutras terras na procura de algo. Aí queremos estar, atendéndonos a nós e aos que chegan ata nós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario