Papá vai desaparecendo aos poucos. Non da miña vida; aí segue moi vivo, mesmo cando o vexo nas fotos do móbil, non o noto ausente, senón como se estivésemos en dous lugares diferentes, el en Catoira e eu en Santiago. Desaparece dos documentos: xa non ten tarxeta bancaria nin o recibo da luz estará ao seu nome. O máis duro foi procuralo no sergas para anular as citas e atopar a mensaxe de que o paciente non se atopa no servizo.
Vai abandonando espazos. E asemade está sentado na súa cadeira ou deitado na cama.
E eu déitome no seu lugar ulindo o aroma do cuarto. E síntome en paz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario