sábado, 30 de marzo de 2024

Primavera de contrastes


Así estaba onte a Viladesuso. Verde e dourada na terra e gris chumbo no ceo. 

Lembroume a vida: fermosa, esixente e colorida pero con nubes sombrías pairando por enriba. Non deixan de ser sombras fermosas, aínda que nalgún momento poden deixar caer enriba nosa unha bagoada que nos asolaga, deixándonos fríos e mollados.

É unha imaxe fermosa, de contrastes. Pero que é o que chama a nosa atención? O dourado que brilla no primeiro plano e se vai escurecendo na profundidade. Non é ese o camiño que todos seguimos? Non pretendo ser negativa, de feito entre as nubes cargadas loce a brancura.


Ningún comentario:

Publicar un comentario