Calo no medio do rebumbio.
Calo porque non son capaz de falar.
E doulle voz á boca do ruído,
á boca de cebola.
Entre os meus silencios pasa unha vida allea
que me abala no fío da incerteza.
Provoco un sismo cerebral coas palabras retidas
que procuran a gorxa.
Berros calados que baixan ao estómago.
Clarexará a mañá, coma sempre,
e chegará a calor e os pés descalzos.
E a néboa branca cegaranos
e arrefriará o chan.
domingo, 17 de marzo de 2024
Voz de néboa
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario