domingo, 31 de marzo de 2024

Sería todo igual?


Non podo sacar a papá da cabeza. Vive aí dentro, feliz e eterno. Observo a última foto que lle tirei, xusto unha semana antes de morrer. É todo ollos, cunha expresión viva e de sorpresa. 

Que fariamos se soubésemos o tempo que nos queda? Que tería cambiado en min de saber que a papá lle quedaba unha semana con nós? E el, que faría? 

El seguiría igual, estou certa. E eu deixaríalle comer todas as lambetadas, bicaríao a cada hora e diríalle canto o quero... Máis ou menos foi o que fixen. Quizais nada cambiase. A non ser a angustia de coñecer a fin.

Outra vez teño que recoñecer que a ignorancia, por momentos, pode ser reconfortante.

Hoxe agárrase a min a lembranza, con forza, resaltando vividamente a súa presenza no medio do meu cerebro seco e ensarillado.

Añoro. Ulo. Ollo. Sinto. Na cabeza e no peito. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario