domingo, 21 de abril de 2024

Xente da Viladesuso

Son días duros na Viladesuso. Anda a innomeable roldando a aldea, e quen máis, quen menos, volve a cabeza. 

Imos mirando por nós, en xuntanza. Estes días recoñezo a tranquilidade de sermos veciñanza e comunidade. Falamos e decatámonos do fortes que somos, todas e todos nós, labregas, médicas, coidadores, profesoras, empresarias, xubilados ou amas de casa. Tanto ten. Xuntámonos e recoñecémonos; somos nós, as veciñas e veciños de sempre. Neste días non hai quen non bote unha man, busca unhas flores, toca a campá, abraza ou pronuncia unhas palabras reconfortantes. Está toda a aldea pendente de mamá, de tío Manolo, de señora N... Contámonos como moedas de ouro que nos van roubando.

Reconforta saber o amor, o coidado e o respecto que lles profesamos. Todas e todos estiveron ou están na súa casa, cos seus, ben atendidos e rodeados de beizóns.

Grazas xente. 

2 comentarios:

  1. Canto amor e verdad hai nas tuas sabias palabras Cruz

    ResponderEliminar
  2. Isto é o mellor da aldea. Térmonos como veciños, queréndonos como amigos e axudándonos como familia.

    ResponderEliminar