xoves, 2 de maio de 2024

Desenfocada

Así ando hoxe, desenfocada, descolocada. A casa está baleira, nin papá nin mamá, nin coidadoras, nin irmá. Un feito cotiá para todo o mundo foi excepcional para min: abrir a porta da casa coa chave. Sempre houbo xente nela, demasiada ás veces, e o silencio por saúdo atragoóuseme na gorxa.

Maréame este cambio brusco. Axítame a tensión e a cordura. Ollo cara a arriba buscando ánimas puras pero desde abaixo chega un tremor de dúbidas e medos. Ai Rosalía!, evócote de novo "Esta alma miña, quen a entenderá, Señor". Sei que preciso tempo para enfocarme e asumir esta vida de meu. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario