Non atopo ese sitio confortable e cálido. Cómpre tempo é o que repito, o que me repiten. Pero cada día é un paso en falso, unha descuberta complicada. Navega a barca por correntes sinuosas. Maréome.
Repito os desexos como ladaíñas dun crente. E non se cumpren. A debilidade do meu corpo vai emparellada coa da mente: caídas, catarros, herpes... acompañan as decepcións, a soidade e o traballo de novo burocrático e inesgotable.
Quizais boto de menos todo o que me falta. A amizade, os cafés, as queixas, os bailes entre libros...
A situación de base é a mesma: problemas semellantes, lugares parellos, traballo e máis traballo... Pero falta o importante: as amigas, as compañeiras, o traballo compartido.
Aprenderei a bailar esta nova danza, e será lenta.
Hoxe non quero bailar soa fronte ao mar.
Temo as ondas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario