martes, 24 de setembro de 2024

O raro estorniño pinto

Non é fácil cruzarse cun estorniño pinto e distinguilo a simple vista. O estorniño en si é insulso, como un merlo sen o laranxa rechamante e o rabo curto. Pero o pinto é outra cousa. Ten a plumaxe distribuída en pinceladas grosas e pequenas de tons variados. Necesítase unha segunda ollada para comprobar que é realmente así, como destinxido.

Vaia, que nada especial en canto a fermosura, pero si pola rareza do avistamento. Só o vin unha vez, ao ladiño, pousado nunha viña.

Son as rarezas, mesmo na fealdade cotiá, as que nos dan vida. Unha gata atropelada, unha merda no xardín, unha humidade no teito, un olor a podre na neveira... devólvennos á realidade, aínda que sexa con náuseas. Son os berros atronadores da necesidade, os que obrigan a erguérmonos e vivir esoutra vida soterrada.

Un día destes terei que fregar a cociña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario