sábado, 21 de setembro de 2024

Vin onte pola noite o programa Salvados, dedicado a Mari, a camareira desaparecida do barco do CSIC. 

Tiven que esperar ata hoxe para poder escribir sobre o pasou esa muller porque non entendía como se puido chegar a ese final. Encerraba en min tanta rabia e rancor que non era o mellor momento. Apouvigou un pouco pero segue aí, no menú interior. Como foi posible? Como puido suceder? Como segue sucedendo?

Determinei ser feminista radical. Así, con todas as letras. Está claro que nada se consegue sen máis. Cómpre loitar, irmás, pola decencia, a seguridade, a vida...

Xa hai tempo que veño pensando que o mundo é o campo de xogo dos homes. Xogan a ser soldados, espías, futbolistas, seareiros, mafiosos... para diversión masculina, con ou sen adrenalina. Si, xa sei, tamén hai mulleres, pero en que porcentaxe? Tamén sei que non é esta a época para falar de orientacións sexuais e, menos aínda, do binomio home/muller. Pero, por unha entrada nesta bitácora, sigamos vendo esta dicotomía. 

De adultos os homes xogan a outro nivel, con consecuencias máis dramáticas nun ámbito local ou mundial. Non deixa de ser unha forma de marcar territorio. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario