Entrou de novo a vida, co traballo, os medos e as incertezas. Volveu Polícrates. E o corpo baila desorientado entre libros, dores, ausencias, medos, lembranzas... Xa mo advertiran. Xa o sabía. Pero dá o mesmo. Outra vez a maldita mente xoga connosco e queremos o que non temos, añoramos o vello e tememos o futuro continuo.
Son esaxerada. Case todo é fermoso e bo pero mátame adiantarme ao que será. E xirar o pescozo ao que foi.
Son así. Dual. Rosaliana. Yin e yang. Hai un xemelgo dentro de min que turra e me descentra.
Neses intres sobrevivo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario