martes, 8 de agosto de 2023

Tri e mais o cabalo


Ando algo celosa estes días. Os meus fillos anciáns queren máis a Ela, a coidadora, cá min. A Ela, mamá fálalle e come todo o que lle dá. Papá só ergue da cadeira para dar un paseo se Ela o acompaña. Tivemos sorte de atopala. A Ela. Moza noviña e fermosa. Vímola chea de vida, con moita terra por diante na que cabalgar. Algo brava e salvaxe, deixaba un rastro de aire puro nesta casa viciada de senectude e enfermidade. Ela consegue con paciencia sacarlle a mamá as verbas retidas na mente e que papá ande, beba e xogue as cartas; que os dous sorrían, esquezan e acalmen. Ela, tan noviña, namorou os dous velliños.

E vendo isto, nós tamén acalmamos, respiramos aire fresco algo envexoso. Permítenos manter unha parte normalizada da vida. 

Que importante é a axuda! É que preciso escollela ben! Neste caso apareceu na casa e nós soubemos recoñecela. Foi doado, só tivemos que seguir as pistas, as areíñas mundas que ían quedando ao seu paso; os pequenos pero inmensos detalles: unha mirada, unha caricia, a delicadeza, a alegría... O día que a coñeceu, mamá acariñou a súa longa melena negra e invitouna a durmir con ela. Papá sorría e segue sorrindo.

Ás veces chega cabalgando no seu cabalo dourado.


8 comentarios:

  1. Entrañable por afectivo.

    ResponderEliminar
  2. Que bonito que se recoñezan as voas cousas

    ResponderEliminar
  3. Que fermoso e real!

    ResponderEliminar
  4. Que fermoso por ambas partes,por un lado ese recoñecemento ,e polo outro esa gran labor que, con un pouco de cariño canto se lle mellora a sua vida

    ResponderEliminar
  5. Grazas. É preciso recoñecer a axuda que nos permite seguir adiante cada día e respirar. É doado darlles cariño; eles tamén nolo dan cada día. Somos afortunados.

    ResponderEliminar