sábado, 10 de agosto de 2024

Reset



Durmo. Durmo moito. Mesmo sen sono. O corpo pide hibernar. Creo que aprendeu a relaxarse. Tírome na cama pola tarde para descansar ou ver a tele, sen sono, e quedo durmida, pero non vinte minutos, non. Ata tres horas o outro día. E esperto feliz, relaxada. E esa noite durmo de novo sen preocupacións.

Encántame espertar aos poucos. Refregar os brazos e as pernas contra a cama. Acariñar a saba, a almofada, o coxín cos dedos. E deixarme levar pola galbana.

Penso que preciso o sono para resetearme, estou descargando actualizacións.

Espero a nova versión.

2 comentarios: