Durmo. Durmo moito. Mesmo sen sono. O corpo pide hibernar. Creo que aprendeu a relaxarse. Tírome na cama pola tarde para descansar ou ver a tele, sen sono, e quedo durmida, pero non vinte minutos, non. Ata tres horas o outro día. E esperto feliz, relaxada. E esa noite durmo de novo sen preocupacións.
Encántame espertar aos poucos. Refregar os brazos e as pernas contra a cama. Acariñar a saba, a almofada, o coxín cos dedos. E deixarme levar pola galbana.
Penso que preciso o sono para resetearme, estou descargando actualizacións.
Espero a nova versión.
Sabiduría,que moitos precisamos
ResponderEliminarSabedoría para sacar proveito do descanso, nada máis.
ResponderEliminar