Estanse abrindo os diques de contención dos sentimentos. Son como unha présa que libera auga. Levo uns días desacougada por dentro; cústame explicarme, como coa alma inchada. Non soporto esta estraña presión; e hoxe produciuse unha picada nalgún punto do miña aura. E saíu un fío continuo de líquido ou gas, fino e constante, que foi aumentando o grosor de a pouco. E doeu. Doeu o suficiente para encollerme.
Suponse que estou en pleno ascenso desta montaña de dor. É moi pronto para que empece a baixada. Quizais estou achegándome ao final da subida ao cumio. Piso pedras soltas e xa vou cansa. Ha de chegar a senda verde para refrescar os meus pés nus. Non a vexo aínda pero intúoa. Como un espellismo que me chama. E alá vou escordando os nocellos cada vez que ergo os ollos do pedregal.
Entre as árbores escoito lamentos que recoñezo. Son os meus que van polo mesmo carreiro. Xuntámonos ao redor da fonte de auga fresca ou no pé dos carballos para descansar. Imos xuntos en moitos treitos e mirámonos de esguello.
Chegaremos, seguiremos chorando e acalmaremos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario