Gústache o olor? Afirma coa cabeza e un sorriso na boca. Claro que si, recende de marabilla -dígolle. Frego con delicadeza as súas pernas, o lombo, os peitos con ese xel olor a colonia que nos rodea. Despois masaxeo a cabeza na que repousa o xampú. Aperto suavemente cos papullos e deslizo os dedos ao longo da raíz do pelo. Fago círculos na caluga e nas tempas. Ela vai relaxando o pescozo mentres a auga quente esvara polos ombreiros.
Revivín esta escena mentres me duchaba, porque collín o seu xel, o cal segue no baño a medio acabar. Empapei a miña pel co olor a colona fresca e, cos ollos pechados, lavaba o seu corpo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario