mércores, 17 de xullo de 2024

Un segundo ao pairo

Un segundo cambia unha vida: unha chamada, unha mirada, un diagnóstico, unha nota... O meu segundo durou un mes e dous días. E a vida revolveuse. De momento o cambio é sutil: tempo e tranquilidade. Floto como unha boia que se deixa levar pola marea pero aínda suxeita á unha amarra. 

Estamos esfiañando esa corda de a pouco. Axiña ha de rachar e vagaremos coa marea. Con todo, escollemos o mar polo que navegar, pero cun ollo na costa verdecente.

Avanzamos, capitá. Imos na procura de terras inexploradas e de mares calmos. O barco ten velas de liño branco. Iremos amodo, esquivando os baixos, rastrexando o fondo cos escandallos. Non iremos sos. Sobrevóarannos araos, carráns e mascatos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario