domingo, 21 de xullo de 2024

Soño detrás das contras

Hoxe soñei con mamá e papá. Non vou detallar o vivido nese mundo paralelo e profundo. É unha desas faíscas agochadas tras as contras. Pero os dous estaban vivos e mortos á vez. 

Estabamos as dúas xuntas, nunha festa, e desapareceu. Procurámola; chamamos á garda civil e expliqueilles que estaba comigo, sentada ao meu lado, aínda que xa había un mes que morrera. Non me crían -lóxico- pero puideron constatalo nas fotos tiradas minutos antes. Fotos que se esvaeceron entre os píxeles da pantalla do teléfono. 

E entendín a presenza de papá na festa, vagando desorientado. Viña buscar a súa muller. Atopáronse e marcharon xuntos. 

Entendo. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario