martes, 2 de xullo de 2024

Mudanza e cambios

 

Rematei a mudanza, sabendo que nesa casa sempre terei as portas abertas mentres estea a miña xente. Carguei con caixas, cartafoles, libros, o habitual nestes casos, pero tamén recollín o cepillo de dentes, o tensiómetro e o cargador do móbil. 

Saquei esta última foto e marchei. Cos bicos, abrazos e palabras fermosas dentro de min, nese recuncho onde se garda o bo da vida.

O traxecto de volta foi tranquilo, sen bágoas, como un día normal. Quizais non quero pensar, senón esperar, vivir minuto a minuto. Xa chegará.

Non volvín soa. Detrás de min viña Fernando, compañeiro que une Padrón e Meaño, e sentín como me protexía, como me acompañaba nesta volta para que non me sentise soa. Seguiume ata Catoira. Despedímonos. Eu sacando a man pola xanela. El cun pitido breve e amable.

Cheguei. Espero. Non quero nadar na lagoa da añoranza, senón na da ilusión


Ningún comentario:

Publicar un comentario