Sento á sombra. Só escoito o ruidiño da auga que esvara pola pía adormecéndome. Corre un aire agradable. Hai dous gatos deitados á calor do chan da solaina.
Acabo de ler a copia do futuro libro da miña curmá Mónica, filla dun exiliado na Arxentina. Evoca a aldea que deixou seu avó primeiro e súa nai despois. Reescribe en papel a historia da familia, na que mamá e nós temos cabida.
Deixa testemuño do horror dunha época que quedou atrás. Ou non. É un eco que volve, rebotado, do pasado. Desfarase, espero. Non podemos retroceder de novo.
Gracias por leerlo en voz alta, escucharlo fue intenso. Me vine con tus sugerencias. Gracias por darme ánimo para seguir.
ResponderEliminar