martes, 14 de xaneiro de 2025

A planta mírame de esguello


A flor de Pascua segue viva, vermella e frondosa.
Nunca durou tanto.
Nunca a coidei menos.
Nin a cambiei de testo.
Nin a movín desde que alí a puxen.
Ao lado do radiador. 
Ao lado da ventá.
Régoa cando me lembro.
Cada vez que abro ou pecho a contra, moléstoa, e arrastro as flores para un lado ou para o outro.

Só quere tranquilidade, luz e calor.
Quizais lle guste a compañía tranquila.
Quizais é o vento calmo, ou as ondas relaxadas que se esparexen ao seu redor.


Poida que, por fin, me entenda coas plantas. 
Ou, simplemente, nos atopamos dúas almas parellas.
Cantas veces quixen ser planta! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario