Mamá faría hoxe 93 anos.
Repaso a miña vida con ela. Imaxino a súa vida sen min.
Mamá de leite e sorrisos.
Mamá sementadora de xente e acolledora de orfos.
Mamá cálida, consecuente.
Mamá faro, guía, que chama os barcos que se afastan no mar revolto. A súa luz e a súa voz segue mostrándonos o camiño de terra, que se adentra na bondade deste monte que nos rodea.
Librou batallas das que saiu non só forte senón gañadora. E agora os seus habitamos un mundo de paz e fraternidade. Non é unha utopía. É unha leira sachada con calma e que deu froitos eternos.
Eis Elisa.
Velaí mamá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario