luns, 13 de xaneiro de 2025

Luns 13 de xaneiro

Equivocouse o día. Amenceu cando tocaba o solpor. Tinguiuse o ceo de rosa polo leste, como pintado en acuarela. Polo oeste tamén foi rosado, como os dedos da aurora, ata que o día se decatou da hora e comezou a pintar o ceo de laranxa. 

Imaxino a Lúa falando co Sol. 

-Que ocorre? Por que todo é rosa? Teño que saír, toda chea ademais. É o meu momento de prata e o día terma en reiniciarse.

-Non che sei -diría El-. Eu quería retirarme pero dubido que facer. 

E daquela, o día volveu en si. Durante uns minutos amenceu ao serán.

Eis a felicidade de hoxe.

.

Ningún comentario:

Publicar un comentario